Resolución provisional de excluidos das listas de PESSFP 598


15 Nov, 2024

WEBResolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598)

>> Prazo de reclamacións do 18 ao 20 de novembro

>> As reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: LIGAZÓN

>> Relación provisoria de persoas excluídas 598

>> Baremo provisorio 598

 

Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE