Este real decreto actualiza determinadas cualificacións das familias profesionais Seguridade e Medio Ambiente; Servizos Socioculturais e á Comunidade; Téxtil, Confección e Pel; e Transporte e Mantemento de Vehículos, recollidas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, substituíndo os anexos correspondentes polos anexos deste real decreto. Tamén ten por obxecto modificar parcialmente determinadas cualificacións profesionais da Familia Profesional Téxtil, Confección e Pel, mediante a substitución de determinadas unidades de competencia transversais e os seus módulos formativos asociados, incluídos en determinadas cualificacións profesionais actualizadas recollidas en anexos deste real decreto. Do mesmo xeito, suprímense dúas cualificacións profesionais da Familia Profesional Téxtil, Confección e Pel. As cualificacións profesionais que se actualizan, modifican parcialmente e suprimen son as que aparecen relacionadas no artigo 2 deste real decreto. Finalmente, establécese a correspondencia e os requisitos adicionais, no seu caso, entre unidades de competencia suprimidas como consecuencia deste real decreto e os seus equivalentes actuais no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. A actualización e a supresión de determinadas cualificacións profesionais conleva a desaparición dalgunhas unidades de competencia.