>> De conformidade co artigo 4.1a) da Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED002A) (DOG do 30 de xuño), ábrese o prazo de presentación de solicitudes desde o día 1 de setembro ata o día 5 de setembro de 2024, ambos días incluídos.
>> As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de Solicitude anexo I e pola sede electrónica da Xunta de Galicia coa chave 365.
>> Non deberá presentarse ningunha documentación complementaria para a tramitación deste procedemento.
>> Cada unha das persoas interesadas en solicitar o intercambio provisional da praza terá que cubrir unha solicitude. Na solicitude deberán constar os datos da persoa coa que queira solicitar o intercambio de praza, de xeito que haberá tantas solicitudes como persoas interesadas en intercambiar a praza.