Poderán solicitar o intercambio provisional de prazas dúas ou máis persoas funcionarias de carreira, en prácticas ou interinas, en servizo activo dos corpos docentes.
a) Que pertenzan ao mesmo corpo.
b) Que a praza corresponda a mesma especialidade.
c) Que vaian desempeñar a súa función docente no centro educativo durante o curso académico para o que se solicita o intercambio provisional.
>> Prazo do 3 ao 19 de agosto
NON poderá concederse un intercambio provisional de postos de traballo ao persoal funcionario docente que desempeñe o posto de traballo en réxime de comisión de servizos ou que ambos sexan definitivos porque xa tiveron o seu prazo no mes de xullo.
>> As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude segundo o ANEXO I que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/).
Non deberá presentarse ningunha documentación complementaria para a tramitación deste procedemento.
Cada unha das persoas interesadas en solicitar o intercambio provisional da praza terá que cubrir unha solicitude.
Na solicitude deberán constar os datos da persoa coa que queira solicitar o intercambio de praza, de xeito que haberá tantas solicitudes como persoas interesadas en intercambiar a praza.
Para calquera dúbida, contacta con ANPE