>> As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude segundo o ANEXO I .
Non deberá presentarse ningunha documentación complementaria para a tramitación deste procedemento.
Cada unha das persoas interesadas en solicitar o intercambio provisional da praza terá que cubrir unha solicitude.
Na solicitude deberán constar os datos da persoa coa que queira solicitar o intercambio de praza, de xeito que haberá tantas solicitudes como persoas interesadas en intercambiar a praza.
>> Prazos
a) Dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da consellería. Dende o 3 de agosto ao 19 de agosto.
b) Catro (4) días hábiles desde o día 1 de setembro. A resolución de autorización de intercambio provisional de praza terá efectos administrativos da data en que se dite e efectos económicos do día 1 de outubro. Neste segundo prazo soamente poderán formular solicitude de intercambio provisional de praza as persoas que non participasen no prazo establecido no parágrafo anterior"
Para calquera dúbida, contacta con ANPE