• Noticia destacada

CADP 2024 - Resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais


02 Ago, 2024

WEB - RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2024 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2024/25 entre o persoal docente pertencente aos diferentes corpos docentes que non teñan destino definitivo, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B). Pendente de publicación no DOG

Os nomeamentos serán remitidos ao enderezo de correo electrónico das persoas interesadas.

>> Adxudicación definitiva Mestres (Orde alfabética)

>> Adxudicación definitiva Mestres (Orde adxudicación)

>> Adxudicación definitiva Secundaria e outros (Orde Alfabética)

>> Adxudicación definitiva Secundaria e outros (Orde adxudicación)

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, electronicamente no trámite activado para o efecto no procedemento ED002B, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ou directamente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, que sexa competente, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

>> Instrucións toma de posesión do persoal docente adxudicado (todos os corpos)

O persoal docente que obtivo destino na adxudicación de destinos provisionais tomará posesión no centro educativo de destino con efectos do día 1 de setembro de 2024 e deberá entregar cuberta e asinada a documentación que máis abaixo se indica e a cal será remitida polo centro educativo á xefatura territorial correspondente.