OPOSICIÓNS 2024 - Procedemento reintegro da taxa de inscrición


13 Mai, 2024

WEB - Oposicións 2024: Procedemento para reintegro da taxa correspondente á inscrición no procedemento selectivo.

>> Prazo: 1 mes a partir da publicación da lista definitiva de admitidos e excluidos.

>> Tal e como se recolle no punto 6.5 da orde de convocatoria: Reintegro da taxa correspondente á inscrición no procedemento selectivo.

"A taxa seralle reintegrada, por petición do persoal interesado, ao persoal aspirante que fose excluído definitivamente da realización dos procedementos selectivos, por falta dalgún dos requisitos para tomaren parte nas devanditas probas, sempre que así o soliciten no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da publicación no portal da internet desta consellería da resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas. A presentación da dita solicitude de reintegro fóra do prazo establecido no parágrafo anterior suporá a perda do dereito á devolución do importe ingresado". 

Todo aquel que teña dereito deberá facelo pola súa sede electrónica mediante unha solicitude xenérica en liña (PR004A) adxuntando xustificante de pago e certificado de titularidade de conta e deberá dirixilo a Consellería de Educación - Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Recordade que estará presentado cando vexades os PDF xustificativos para a súa descarga. Para comprobalo poderedes sair e entrar de novo na  vosa sede e constará  en "Últimos expedientes  como "presentado".

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE.