MUFACE - Convocatoria de axudas asistenciais para o ano 2024


27 Abr, 2024

BOE - Resolución do 15 de abril de 2024, da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, pola que se convoca a concesión de axudas asistenciais para o ano 2024.

>> O prazo de presentación das solicitudes é desde o 25 de abril ata o 20 de xuño de 2024, ambas as datas incluídas.

 As modalidades das axudas para conceder son:

  • Axudas para o copagamento farmacéutico: consisten no abono dunha contía destinada a compensar o gasto derivado da participación económica na prestación farmacéutica para as persoas mutualistas xubiladas e as persoas titulares viúvas ou orfas.
  • Resto de axudas asistenciais, que comprenderán:

a) As que se dispensen por tratamentos ou intervencións especiais, en casos de carácter excepcional, por un determinado facultativo, cando non estean cubertos pola prestación de asistencia sanitaria.
b) As determinadas por inexistencia, perda ou insuficiencia de prestacións en supostos concretos.
c) As debidas a gastos de carácter urxente en casos de importancia extraordinaria debidamente xustificados. d) En xeral, calquera outras análogas cuxa percepción non fose regulada nas normas aplicables a este réxime especial por insuficiencia xeral de ingresos. 

>> LIGAZÓN á web de MUFACE