>> O único prazo de solicitude de comisión de servizos en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde é do 15 de abril de 2024 ao 26 de abril de 2024, ambos incluídos.
Para formular unha SOLICITUDE de comisións de servizos deberá acceder á páxina web https://www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican.
- Solicitantes: Funcionarios de carreira, prácticas e persoal laboral (interinos e substitutos consolidados e profesorado de relixión).
...A distancia da localidade de destino debe ser superior a 50 km da localidade de residencia e débese solicitar no CXT praza para a localidade ou localidades en que se solicita a comisión de servizos, salvo en casos excepcionais que serán obxecto de avaliación pola comisión de valoración. Pola súa vez, deberán solicitar no CADP en primeiro lugar o centro ou centros da localidade ou localidades que se encontren nun raio de 20 km do lugar da súa residencia, salvo determinados centros que serán de solicitude voluntaria.
- Documentación a presentar xunto coa solicitude:
a) Informe actualizado do persoal médico de atención primaria e/ou especialista acreditativo da enfermidade/s alegada/s. Enténdese por informe actualizado o que estea emitido no ano en que se realiza a solicitude.
b) Copia da resolución administrativa de recoñecemento de grao de discapacidade do persoal docente solicitante cando non fose expedida pola Xunta de Galicia, para aquelas circunstancias en que sexa de aplicación.
No suposto de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde dunha persoa familiar, achegarase ademais:
a) Certificación literal ou copia do libro de familia actualizado.
b) Certificado de empadroamento colectivo da persoa solicitante.
c) Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 do/a cónxuxe, parella de feito ou da persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cando non fose expedida pola Xunta de Galicia.
d) O ANEXO II descárgase na mesma aplicación.
>> LIGAZÓN á NORMATIVA: Orde de 28 de febreiro de 2020.
Orde de 31 de marzo de 2023 pola que se modifica a Orde do 28 de febreiro de 2020 ...). Único punto - Artigo 2. Duración: A comisión de servizos terá a duración dun curso académico. A solicitude de prórroga deberá reunir os mesmos requisitos formais e temporais exixidos para a primeira solicitude de concesión».