CXT 23/24 - Resolución definitiva de adxudicación XERAL


12 Abr, 2024

DOG RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos diferentes corpos docentes (código de procedemento ED012A).

>> A toma de posesión dos novos destinos adxudicados, que se realizará na xefatura territorial correspondente, terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2024, polo que o cesamento nos centros anteriores expedirase con efectividade do 31 de agosto de 2023. 

>> Instrucións para a toma de posesión do profesorado

 

>> No caso de que ata o 31 de agosto deste ano resulten suprimidos postos de traballo adxudicados pola presente resolución e co obxecto de determinar cal é o profesorado afectado pola dita supresión, observarase o disposto no artigo 3 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que impartan ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo de antigüidade no centro en función das causas de acceso a el (DOG núm. 169, do 1 de setembro).

Tamén se poderán declarar anulados os destinos adxudicados que estean afectados pola estimación de recursos derivados desta resolución. O profesorado afectado e que participa como forzoso quedará na situación de suprimido con dereito preferente á localidade/zona en que se lle anula o posto de traballo obtido. Se participaron con carácter voluntario, adquirirán o dereito preferente á localidade e á zona na cal se lle anula o posto de traballo obtido ou en que tiña acreditado o destino definitivo, á súa elección, sempre e cando a súa resulta non fose cuberta.

 

>> Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), con carácter potestativo, un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, de acordo co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

>> LIGAZÓN á todo o proceso