Apertura de listas en varias especialidades de SECUNDARIA


17 Xan, 2024

WEBConvocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).

590002 Grego   590003 Latín   590010 Francés    590053 Lingua e literatura galega    590107 Informática   590109 Navegación e instalacións mariñas   590111 Organización e proc. de mantenemento de vehículos    590112 Organización e proxectos de fabricación mecánica   590124 Sistemas electrónicos    590125 Sistemas electrotécnicos e automáticos 

590206 Instalacións electrotécnicas   590210 Máquinas, servizos e produción     590227 Sistemas e aplicacións informáticas    590231 Equipos electrónicos

 

>> Prazo de presentación de solicitudes: desde o xoves día 18 de xaneiro ata o día mércores 31 de xaneiro de 2024, ambos incluídos.

>> Inscrición na sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/ portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A. Deberás cubrir a solicitude, facer o pagamento de taxas e anexalo xunto co resto de documentación, presentalo, asinalo e obter o xustificante pdf.

>> Resolución do 15 de xaneiro de 2024. Procedemento, especialidades e titulacións.

ORDE do 2 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade das titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes.

ORDE do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten acceso ás listas de aspirantes.

 

Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE.