Curso 2023/24 - Concurso de traslados específico de ADULTOS


04 Dec, 2023

DOG - ORDE do 17 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta consellería.

>> O prazo de presentación de solicitudes, tanto de participación como de actualización e/ou modificación do expediente, será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

>> Solicitudes de participación e de actualización e/ou modificación do expediente: http://www.edu.xunta.gal/cxt

***As prazas adxudicadas con carácter definitivo neste concurso específico son irrenunciables, de maneira que as persoas seleccionadas deberán incorporarse e tomar posesión con data de efectividade do 1 de setembro de 2024, e cesarán, de ser o caso, no seu destino de procedencia o 31 de agosto.

O profesorado que obteña destino definitivo para o curso 2024/25 nesta convocatoria non poderá obter destino no concurso xeral de traslados nin noutros que convoque esta consellería e, para estes efectos, será excluído da participación dos procedementos de provisión definitiva convocados este curso académico 2023/24.