• Noticia destacada

Concurso méritos estabilización - relación de persoal que superou o proceso


30 Xun, 2023

DOG ORDE do 21 de xuño de 2023 pola que se fai pública a relación de persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos diferentes corpos de profesores da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG do 28 de outubro; corrección de erros, DOG do 14 de novembro 2022).

>> O persoal aspirante que superou o procedemento selectivo está obrigado a formular unha solicitude de participación ordinaria no concurso de adxudicación de destinos provisionais.

>> O destino que obteña o persoal que se relaciona no anexo desta orde terá carácter provisional, polo que estará obrigado a participar, no seu momento e na forma que se determine nas convocatorias, nos concursos de traslados que se convoquen ata obter un destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

>> As persoas seleccionadas que NON ACHEGARON CON ANTERIORIDADE a documentación, deberán presentar por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), mediante o trámite «Achega de documentación separada da solicitude», activado para estes efectos no procedemento normalizado código ED001B, a documentación que se relaciona na base décimo quinta da Orde do 19 de outubro de 2022, no prazo de vinte (20) días hábiles:

  •  Declaración responsable
  •  Informe médico
  •  Certificado de discapacidade indicando a habilitación para a función pública (para aqueles que acceden
  • pola quenda D)
  • Certificado de antecedentes (se non se autorizou a consulta)

 

>> Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun (1) mes ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses.