Relación definitiva de admitidos nas listas de especialidades EOI


20 Abr, 2023

WEB - Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitiva das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592).

>> Listaxe definitiva de persoas excluídas

>> Baremo definitivo

>> Listas de substitucións

>> Resolución do 20 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A