CADP - modificación da orde de adxudicación de destinos provisionais


13 Abr, 2023

DOGORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se modifican a Orde do 7 de xuño de 2018, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, PTFP, catedráticos e profesores de EOI, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B), e

a Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en COMISIÓN DE SERVIZOS e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B).

Único. Modifícase o artigo 2, que queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 2. Duración: A comisión de servizos terá a duración dun curso académico. A solicitude de prórroga deberá reunir os mesmos requisitos formais e temporais exixidos para a primeira solicitude de concesión».