Interinos - listaxe definitiva de Orientación Mestres


12 Abr, 2023

WEB - Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 de Orientación do corpo de mestres.

>> Resolución do 12 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba a listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022-2023 correspondentes a Orientación (597039) do corpo de mestres.

>> Anexo I Relación definitiva de persoas excluídas

>> As listaxes definitivas de persoas admitidas poden consultarse nas Listas de substitución

>> As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Recurso de reposición” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente.

B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico “Recurso de reposición” dispoñible no procedemento PR004A, e dirixilo á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. 

Para calquera dúbida podes contactar con nós nas diferentes sedes de ANPE.