O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 8 de marzo ata o 21 de marzo de 2023, ambos incluídos.
>> Relación provisional de persoas excluídas
a) RECLAMACIÓN AO BAREMO
Revisar previamente as puntuacións outorgadas que se refliten na lapela de baremo da súa instancia presentada no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/cxt/
1.- Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo". Segue as instrucións ditadas pola consellería.
b) RECLAMAR Á EXCLUSIÓN
Deberá reclamar accedendo directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/), localizando o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED013A), premer no botón “Acción” para elixir a opción “Alegacións” de conformidade cos pasos descritos no punto anterior.
c) RENUNCIAR
1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt
2.-Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso. Marcar e descargar o documento PDF do lado.
3.- Unha vez descargado e gardado o informe pdf de renuncia, deberá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/) e localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED013A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción “Renuncia” e seguir as instrucións.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con nós.