Prazo desde o día 20 de febreiro de 2023 ata o día 3 de marzo de 2023 (incluído) para actualizar o expediente por parte do persoal docente funcionario en prácticas que non alegou datos durante o prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados.
>> Os méritos que NON consten ou figuren de xeito incorrecto neste, no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/datospersoais.
1.Prema na lapela As miñas instancias (parte esquerda do menú)
2.Seleccionar o tipo de instancia: Instancia de prácticas 2023 e prema no botón CREAR NOVA INSTANCIA
3.Unha vez creada a instancia deberá acceder ao menú existente no apartado Resumo de alegacións e formular as alegacións que considere oportunas utilizando o botón Facer alegacións. Neste paso deberá engadir na aplicación con cada alegación individualizada un documento xustificativo desta.
4.Logo de finalizar as alegacións, deberá pechar a solicitude e presentala electronicamente mediante a lapela Presentación en sede cuxa ligazón lle permitirá acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia. Lembre que a solicitude só estará correctamente presentada cando se lle permita descargar o recibo xustificativo da presentación telemática
Para calquera dúbida, contacta con nós.