OPOSICIÓNS 22 - Listas definitivas de Infantil e Primaria


07 Feb, 2023

WEB - Resolución do 6 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas no curso académico 2022-2023 correspondentes ás especialidades de Educación infantil (597031) e Educación Primaria (597038) do corpo de mestres.

>> Resolución definitiva do 6 de febreiro de 2023

>> Relación definitiva de persoas excluídas

1 mes para recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Recurso de reposición” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente.

B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico “Recurso de reposición” dispoñible no procedemento PR004A, e dirixilo á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

As listaxes definitivas de admitidos poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/