OPOSICIÓNS 22 - Listaxes definitivas de persoal interino/substituo de MESTRES


18 Xan, 2023

WEB - Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 dalgunhas especialidades do corpo de mestres: Inglés (597032), Francés (597033), EF (597034), Música (597035), PT (597036) e AL (597037).

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal),  do seguinte xeito:

A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Recurso de reposición” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente.

B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico “Recurso de reposición” dispoñible no procedemento PR004A, e dirixilo á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. 

Resolución do 17 de xaneiro de 2023

Anexo I Relación definitiva de personas excluidas 

As listaxes definitivas de admitidos en: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas