CXT 22/23 - Concurso de Orientación Mestres - ampliación de prazo e modificación vacantes


02 Dec, 2022

DOG Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 26 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (código de procedemento ED013A).

Ampliase o prazo de presentación de solicitudes establecido na convocatoria do concurso específico por un prazo de cinco (5) días hábiles, polo tanto o prazo amplíase ata o 21 de decembro.

Modificación do Anexo III da Orde do 26 de outubro de 2022 para engadir prazas vacantes e modificar o centro base de dúas prazas vacantes.

Esta ampliación permite que as persoas que xa formularon solicitude no prazo transcorrido ata a a modificación desta orde poidan reconsiderar as peticións formuladas na súa solicitude e formular unha nova solicitude ou que aquelas persoas que non tiveran formulado solicitude con anterioridade poidan formulala a teor das prazas que se engaden ou da modificación do centro base dalgunha destas prazas.

LIGAZÓN á participación

LIGAZÓN á edu