WEB - RESUMO da Mesa Sectorial sobre procesos selectivos 2023
ANPE pide na Mesa Sectorial flexibilidade á hora da entrega das programacións PROENS e unha adaptación da aplicación específica para o profesorado de Educación Infantil. A Administración dará flexibilidade sempre dentro deste trimestre e continuará dando formación ao profesorado sobre o uso da aplicación. (A resposta ás cuestións plantexadas sobre Proens e a súa utilización para a elaboración das programacións da etapa de infantil, comunicamos que esta resposta está incorporada ao Documento de Axuda que figura na pantalla de inicio de Proens e é accesible para toda persoa usuaria.)
Sobre a posibilidade de que máis dunha persoa poida editar a mesma programación, reafirmamos o que se comentou na mesa sectorial: todas/os as/os docentes do nivel poden editar. A maiores pode facelo tamén a/o xefa/e de departamento na ESO e BAC, as/os coordinadoras/es de ciclo, titoras/es e equipos directivos en infantil e primaria.
OPOSICIÓNS 2023 de estabilización - Prévese a publicación no DOG a finais de decembro, o día 28 e, están valorando se empezar a matrícula nesa deta ou esperar a ter a resolución provisional do concurso de méritos.
A administración está estudando a posibilidade ou non de incorporación ás listas de interinidades.
A Consellería informa de que a unidade didáctica da proba do concurso-oposición do 2023 terá que estar baseada no establecido na LOMLOE para TODOS os cursos.
Non haberá procedemento de adquisición de novas especialidades.
Puntos a tratar:
88 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 6 prazas no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, 8 prazas no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, 1 praza no corpo de profesores de música e artes escénicas, 5 no corpo de profesores de artes plásticas e deseño e 17 prazas no corpo de mestres,
>> Podedes enviar as vosas achegas a noso correo electrónico : galicia@anpe.es