CXT 22/23 - Correción de erros na orde do 4 de outubro


31 Out, 2022

DOG CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

1. Na base trixésimo primeira, na páxina 54929:

Debe dicir: «As persoas concursantes que obteñan praza neste concurso nalgunha das especialidades non relacionadas na base décimo segunda.2 estarán obrigadas, no prazo de dous anos contados a partir do 1 de setembro de 2023, a obter, polo menos, o certifica- do de lingua galega (Celga 4), agás que acrediten telo superado con anterioridade ou que posúan algunha das súas validacións ou homologacións».

2.Substitúese o anexo IV, publicado na páxina 54951: EOI e extensións

3. Suprimir do anexo VIII, na páxina 54966 os seguintes centros.