CADP 2022 - Relación definitiva de persoal funcionario e de interino/substituto excluido


26 Xul, 2022

WEBPublicación das relacións definitivas de persoal docente obrigado a participar e de persoal docente interino e substituto excluído das listas de obrigados na adxudicación de destinos provisionais entre persoal de corpos docentes para o curso 2022-23

Resolución do 26 de xullo de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fan públicas as relacións definitivas de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2022/2023.

Anexo I Listaxe definitiva persoal docente obrigado a participar de PRIMARIA

Anexo II Listaxe definitiva persoal docente obrigado a participar de SECUNDARIA e OUTROS

Anexo III Listaxe definitiva persoal interino EXCLUIDO das listas de Primaria

Anexo IV Listaxe definitiva persoal interino EXCLUIDO das listas de Secundaria e outros

O prazo para formular reclamacións é dun (1) mes contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 27 de xullo ao 26 de agosto de 2022, ambos incluídos).

Para aquelas persoas que presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) unha solicitude no procedemento ED002B, para formular o recurso de reposición deberán acceder ao dito procedemento e seleccionar o trámite "recurso de reposición" e en asunto sinalar Resolución definitiva do 26 de xullo de 2022 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III e IV segundo proceda.

Para aquelas persoas que nunca presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude no procedemento ED002B, para formular o recurso de reposición deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A e no dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN definitiva DO 26 DE XULLO DE 2022 e especificar o anexo correspondente, anexo I, II, III e IV segundo proceda.

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.