Interinos/substitutos - Apertura do prazo para prestar servizos nunha ou varias provincias e/ou concellos


14 Xun, 2022

WEBApertura do prazo para realizar as solicitudes de prestar servizos nunha ou en varias provincias así como en determinados concellos para o persoal interino/substituto.

Prazo dende o día 15 de xuño ao 15 de xullo de 2022, ambos incluídos, o persoal interino e substituto poderá solicitar prestar servizos en determinadas provincias ou concellos de conformidade co establecido nos artigos 33 e 34 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais, logo da modificación destes artigos pola Orde do 7 de xuño de 2022 (DOG 14/06/22).

A solicitude debe formularse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/substitutos/ para o que será preciso autenticarse mediante usuario e contrasinal de educación, Chave365 ou certificado electrónico.

Recorda que so poderás acotar concello se te encontras nunha das situacións que recolle o Acordo de interinos/substitutos: LIGAZÓN