OPOSICIÓNS 2022 - Disposición Transitoria cuarta ao Acordo de interinos/substitutos


13 Xun, 2022

DOG RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do acordo coas organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSIF-Ensino e UGT-SP Ensino polo que se engade unha disposición transitoria cuarta ao Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias.

Dadas as expectativas xeradas en determinado persoal docente interino e substituto pola próxima convocatoria do concurso de méritos que deberá publicarse con anterioridade ao 31 de decembro de 2022, e tendo en conta o reducido número de prazas que se ofertarán no concurso-oposición derivado do artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, non parece aconsellable obrigar o persoal docente interino e substituto a presentarse aos procedementos selectivos convocados no ano 2022 para os únicos efectos da permanencia nas listas de interinidades e substitucións.

Por esta razón, engádese unha disposición transitoria cuarta ao Acordo do 20 de xuño de 1995 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSI.F e FETE-UGT polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, coa seguinte redacción:

«Disposición transitoria cuarta

O persoal docente interino e substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia non estará obrigado a participar nos procedementos selectivos para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se convoque no ano 2022 para os únicos efectos da permanencia nas listas de interinidades e substitucións».