Resolución do 6 de abril de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de árabe do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592002). (código de procedemento ED003A)
Prazo de presentación de solicitudes: desde o xoves día 7 de abril ata o mércores día 13 de abril de 2022, ambos incluídos.
Para cubrir a solicitude:
1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón:https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible dende o día 7 de abril de 2022.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación requirida, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
A súa solicitude de inscrición estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o anexo I asinado como o recibo de presentación deste e na sede apareza en "EXPEDIENTES PRESENTADOS".