Relación provisional de admitidos e excluidos da lista de ORIENTACIÓN MESTRES


08 Mar, 2022

WEBListaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021/2022 do corpo de mestres, Orientación (597039)

Resolución do 08 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba a listaxe provisional para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de mestres, Orientación (597039).

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións á listaxe provisional ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Alegacións” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente, ou mediante o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. Non se admitirán as alegacións formuladas mediante correo electrónico.

As listaxes de persoas admitidas poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/

Listaxe provisional de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións corpo de mestres,Orientación (597039)