INTEF - Apertura do prazo de inscrición para os cursos Aula do Futuro 2022


11 Xan, 2022

WEBApertura do prazo de inscrición para os cursos Aula do Futuro 2022 organizados polo Ministerio de Educación a través do INTEF.

Os 12 cursos convocados pódense consultar no Anexo I da convocatoria e o baremo de méritos no Anexo II. LIGAZÓN á convocatoria

Se estás interesado, podes participar no proceso de selección mediante concorrencia competitiva. Atoparás toda a información e o acceso para xestionar a túa solicitude na web do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O prazo de solicitude é de 20 días naturais, do 12 ao 31 de xaneiro de 2022 (ambos os incluídos).

 Para realizar consultas sobre a convocatoria, podes escribirnos a asistencia.adf@educacion.gob.es

2.2. Todos os cursos ofreceranse en modalidade mixta, coa seguinte estrutura:

 Fase previa en liña: desenvolverase durante os 10 días previos á fase presencial e terá un esforzo estimado de 5 horas para a súa realización.

 Fase presencial na aula do Futuro do INTEF: esta fase desenvolverase ao longo de 3 días na aula do futuro do INTEF.

 Fase posterior en liña: consistirá na implementación da actividade co alumnado na aula ao finalizar a fase presencial. Está fase dispoñerá de 5 semanas para a súa realización.

Modalidade A: 252 prazas. Esta modalidade está destinada ao profesorado que non resida na localidade na que se celebra o curso e subvenciona os gastos segundo indícase no punto 4.3. Modalidade B: 24 prazas. Están obrigados a participar na modalidade B os candidatos que residan na localidade de celebración do curso, aínda que tamén poderán solicitala todos aqueles que o desexen. Esta modalidade subvenciona os gastos segundo indícase no punto 4.3.