Persoal funcionario adscrito definitivo aos CIFP procedentes da transformación de IES


08 Out, 2021

DOGORDE do 30 de setembro de 2021 pola que se fai pública a relación do persoal docente que obtivo destino definitivo no proceso de adscrición regulado na Orde do 26 de xullo de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 107/2021, do 1 de xullo, polo que se transforman institutos de ensino secundario en centros integrados de formación profesional e se trasladan ensinanzas.

Primeiro. Facer pública, en aplicación do punto décimo da Orde do 26 de xullo de 2021 e como anexo desta orde, a relación de profesorado que obtén destino definitivo nos centros que se relacionan e con efectividade do 1 de setembro de 2021.

Segundo. De conformidade co punto quinto da Orde do 26 de xullo de 2021, Juan José Oruezabala Romero queda adscrito definitivamente no IES de Catabois coa condición de desprazado por falta de horario.

Terceiro. De conformidade co punto noveno da citada Orde do 26 de xullo de 2021, o persoal funcionario docente que se adscribe con carácter definitivo no IES de Breamo, no IES de Catabois e no CIFP Politécnico de Lugo manterá, para os efectos de antigüidade no novo centro, a xerada no centro de orixe.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.