CADP 2021 - Adxudicación definitiva dos corpos de SECUNDARIA


27 Set, 2021

DOGRESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o próximo curso académico 2021/22 ao persoal docente pertencente ao corpo de catedráticos e profesores de ensino secundario, PTFP, catedráticos e profesores de EOI, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, a aquelas persoas que resultan desprazadas por falta de horario, ao persoal ao cal se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo.

A adxudicación definitiva terá efectividade o día seguinte ao da súa publicación no dito portal da internet desta consellería, sen prexuízo de que a toma de posesión se efectuará conforme o disposto no artigo 41 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais.

Terceiro. De conformidade co disposto no citado artigo 41 da Orde do 7 de xuño de 2018, o persoal adxudicatario tomará posesión no centro educativo de destino e incorporarase con efectividade económica e administrativa da data fixada para o inicio da impartición efectiva das clases, o 15 de setembro de 2021, agás no suposto de que o nomeamento ou toma de posesión se efectúe con posterioridade.

No caso das comisións de servizo, os efectos serán do día 15 de setembro de 2021, sen prexuízo de que as comisións de servizo do profesorado que proceda de fóra da comunidade autónoma e do procedente do estranxeiro poderían ter efectividade do 1 de setembro de 2021.

Para o persoal en prácticas e o persoal interino sen nomeamento en vigor, os efectos económicos e administrativos serán do día 15 de setembro de 2021.

Sen prexuízo do previsto nos parágrafos anteriores, para o persoal docente interino que tivese nomeamento en vigor en 15 de setembro de 2021, os efectos da toma de posesión serán do 16 de setembro de 2021.

Cuarto. Os nomeamentos serán remitidos ao seu enderezo de correo electrónico.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa