CADP 2021 Mestres - Adxudicación definitiva de destinos no DOG


25 Ago, 2021

DOGRESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2021/22 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo.

As persoas adxudicatarias destes destinos provisionais tomarán posesión no centro educativo con efectos do día 1 de setembro de 2021.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.