MUFACE - Cambio ordinario de entidade sanitaria durante o mes de XUÑO


01 Xun, 2021

WEB - Cambio ordinario de entidade sanitaria durante o mes de XUÑO

1. Cambio Ordinario: Durante os meses de xaneiro e xuño, os mutualistas e os beneficiarios con Documento asimilado ao de Afiliación, que estean adscritos aos Servizos Públicos de Saúde ou ás Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria, poden solicitar o cambio de Entidade, por unha soa vez en cada período ordinario de cambio. Só admitirase unha solicitude de cambio en cada período ordinario. Os titulares que non soliciten cambio continuarán adscritos á mesma Entidade que o estean ao 31 de decembro ou, no seu caso, ao 31 de maio de cada ano.

É fundamental que MUFACE teña os datos persoais dos mutualistas actualizados na súa base de datos: dirección postal, teléfono, móbil e correo electrónico.

Podese comprobar electrónicamente a través do servizo de Actualización de datos ENLACE da sede electrónica, con Cl@ve, certificado electrónico ou DNI-E .

De ter problemas con esta canle, debe chamar ao servizo provincial ou escribir un correo electrónico. Se os datos son erróneos ou non constan, non PODERÍAN COMUNICARSE de maneira eficaz co mutualista.

* ENLACE aos CUADROS MÉDICOS DAS ASEGURADORAS

Mediante este procedemento pódense efectuar cambios ordinarios entre Entidades de Seguro Privado de Asistencia Sanitaria, así como cambios de entidade privada a Sistema Público de Saúde ou viceversa.

A solicitude de cambio de entidade, deberá realizarse ben pola sede electrónica, ben descargando o impreso que se inclúe nesta páxina e enviándoo por correo postal, ou acudindo a outros rexistros.

A afluencia ás oficinas está restrinxida a cuestións inaprazables que non admiten outra canle. Se non pode utilizar a sede ou enviar o impreso por correo postal ou presentalo noutros rexistros, debe solicitar cita previa.

Pode realizar este trámite: * A través da Sede electrónica de Muface, utilizando os medios de acceso proporcionados pola plataforma Cl@ve (certificado dixital, DNI electrónico, Cl@ve Permanente ou Cl@ve PIN)

Modelo de Solicitude Cambio_de_Entidade