Listaxes provisorias de persoal admitido e excluído no acceso aos corpos de catedráticos de secundaria


30 Abr, 2021

WEB - Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas, convocado pola Orde do 4 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 22 de xuño).

O persoal interesado poderá formular as reclamacións oportunas dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería Consellería de Cultura, Educación e Universidades, no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As reclamacións que se efectúen ás listaxes de admitidos e excluídos no proceso de acceso a cátedras de secundaria deben facerse a través dunha solicitude xenérica e entregarse en calquera rexistro físico, na sede electrónica da Xunta de Galicia ou (tal e como informan desde a propia Consellería) a través da secretaría do centro no que se prestan servizos. Debe achegarse á reclamación copia da documentación entregada no seu momento e xustificante de entrega da mesma no rexistro.
Nota:
o modelo de reclamación ao que alude a Orde de convocatoria de cátedras será un modelo que estará dispoñible posteriormente para facer reclamacións ás puntuacións outorgadas no momento en que se publiquen. Insistimos en que agora serve un modelo xenérico tipo expón-solicita ou o PR004 (solicitude xenérica) no caso de entregar a reclamación usando a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Resolución provisional de admitidos e excluídos

Contra a lista provisoria o persoal interesado poderán formular as reclamacións oportunas dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería Consellería de Cultura, Educación e Universidades, no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura,Educación e Universidade, por algún dos medios que se establecen na base 3.8 da Orde do 4de xuño de 2020.

Listaxe provisional admitidos

Listaxe provisional excluídos