Prazo de presentación de solicitudes desde o 4 de febreiro ata o día 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.
Resolución do 3 de febreiro de 2021
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
3º. Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembrar anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas (ligazón telemática) polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Importe e pagamento dos dereitos de inscrición nas listas: (Códigos: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, código 07; Delegación de ServizosCentrais, código 13; Servizo de Secretaría, código 01; taxa denominación, solicitude de inscriciónnas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na administración daComunidade Autónoma: código 300301).Os dereitos de inscrición nas listas serán de 18,04 euros.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.