PENSIÓNS 2021 - revalorización Seguridade Social, Clases Pasivas e outras prestacións sociais


27 Xan, 2021

BOE Real Decreto 46/2021, do 26 de xaneiro, sobre revalorización das pensións do sistema da Seguridade Social, das pensións de Clases Pasivas e doutras prestacións sociais públicas para o exercicio 2021.

O importe da pensión, unha vez revalorizada, estará limitado á cantidade de 2.707,49 euros, entendendo esta cantidade referida ao importe dunha mensualidade ordinaria.

As pensións que excedan de 2.707,49 euros mensuais non se revalorizarán.

TÍTULO III: Pensións do Réxime de Clases Pasivas 

As pensións abonadas por Clases Pasivas revalorizaranse nun 0,9 por cento respecto das contías que ás mesmas correspondesen ao 31 de decembro de 2020.