Prazo de presentación de solicitudes: desde o LUNS día 18 de xaneiro ata o día 20 de xaneiro de 2021, ambos incluídos.
Resolución do 15 de xaneiro de 2021
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible LUNS día 18 de xaneiro de 2021.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.
(Códigos: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, código 07; Delegación de ServizosCentrais, código 13; Servizo de Secretaría, código 01; taxa denominación, solicitude de inscriciónnas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na administración daComunidade Autónoma: código 300301).Os dereitos de inscrición nas listas serán de 18,04 euros. Si se elixe a opción telemática, no portal de Internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal)
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (enlace DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201021/AnuncioG0598-151020-0003_gl.pdf)