Relación provisional de persoal admitido e excluido da lista de EQUIPOS ELECTRÓNICOS


09 Nov, 2020

WEBResolución do 9 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de equipos electrónicos (591202)

Prazo de emenda (3 días hábiles): do martes día 10 de novembro ata o día 12 de novembro de 2020, ambos incluídos.

Tal e como se indica na dita base sexta a presentación das alegacións e documentación que proceda deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) na que está dispoñible o modelo de “emenda ao requirimento”. Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

Resolución provisional admitidos. 

Baremo provisional. 

Relación provisional de persoas excluídas.