MUFACE - Convocadas as Axudas Asistenciais 2020


20 Ago, 2020

WEB - Convocadas as Axudas Asistenciais 2020 como figura na Resolución do 3 de agosto de 2020 desta Mutualidad que publica o 19 de agosto o Boletín Oficial do Estado.

Trátase de axudas destinadas a atender situacións de necesidade que non estean cubertas por outras prestacións, sempre que se careza dos recursos indispensables para facer fronte aos mesmos, destacando as axudas para sufragar os gastos de farmacia abonados desde o 1 de xullo de 2019 ata o 30 de xuño de 2020.

Estas axudas benefician aos mutualistas xubilados ou mutualistas perceptores de prestación de orfandade ou viuvez que cumpran determinados requisitos.

Seguen en vigor as medidas aprobadas no exercicio anterior, tales como o incremento ata os 15.000 euros do límite máximo de renda, por baixo do cal se poden percibir as axudas ao copagamento farmacéutico, ou a contía mínima das mesmas, fixada en 50 euros.

Solicitude mellor pola Sede electrónica. O prazo de solicitude iníciase o 20 de agosto e acaba o 5 de outubro e o prazo para resolver as solicitudes termina o 15 de decembro de 2020.

Dada a limitación de aforos nas súas oficinas, debida á crise do Covid-19, MUFACE aconsella tramitar as solicitudes a través da Sede Electróncia, con Cl@ve, certificado dixital ou DNI electrónico. Tamén se poden solicitar por correo postal. Quen desexe presentar a solicitude presencialmente na súa correspondente oficina provincial, deben lembrar que é obrigatorio pedir CITA PREVIA

Máis información na web de MUFACE: “Axudas asistenciais  e "Axudas para o copagamento farmacéutico”