Docencia nos centros privados - normativa e procedemento de habilitación


12 Ago, 2020

DOGORDE do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (código de procedemento ED302B).

A presente orde ten por obxecto desenvolver o Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria, e o Real decreto 860/2010, do 2 de xullo, polo que se regulan as condicións de formación inicial do profesorado dos centros privados para exercer a docencia nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato e establecer o procedemento para habilitar o profesorado para exercer docencia na educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional (código de procedemento ED302B).

ENLACE á páxina de Habilitacións

3.2. Non terán que solicitar a habilitación as persoas que posúan algunha das titulacións que se relacionan no anexo III da presente orde.

12.1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. ( a partir de xaneiro de 2021)

Artigo 13. Prazo de presentación de solicitudes

Os prazos de presentación de solicitudes da habilitación de cada ano natural serán os seguintes:

a) Do 10 de xaneiro ao 31 de xaneiro, ambos incluídos.

b) Do 15 de marzo ao 31 de marzo, ambos incluídos.

c) Do 1 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

d) Do 1 de setembro ao 15 de setembro, ambos incluídos.