Apertura de prazo para que o persoal interino e substituto renuncie a participar no CADP


25 Mai, 2020

DOG - ORDE do 14 de maio de 2020 pola que se abre o prazo para que o persoal docente solicite comisión de servizos por motivos de saúde, en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral, e o persoal docente interino e substituto solicite non participar na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2020/21.

O prazo para que o persoal interino e substituto docente solicite non participar na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2020/21, regulado no artigo 39 da Orde do 7 de xuño de 2018 (código de procedemento ED002B), será o comprendido entre o 25 de maio de 2020 e o 12 de xuño de 2020.

Para formular a solicitude de non participación deberá acceder a aplicación de Substitutos a través do seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.es/substitutos/

O PROFESORADO INTERINO OU SUBSTITUTO QUE NON SE ATOPE NALGUNHA DAS CIRCUNSTANCIAS QUE PERMITEN A RENUNCIA VOLUNTARIA A PARTICIPAR NO CADP NON TEN NADA QUE FACER ATA QUE SE ABRA O PRAZO DE PARTICIPACIÓN NO MESMO.

– Atender o coidado dunha/dun filla/fillo menor de seis anos, tanto cando o sexa por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo.

– Para atender o coidado dun familiar que teña ao seu cargo, ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

– Excepcionalmente, para atender o coidado dun familiar que teña ao seu cargo, en segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou en-fermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, cando non existan superviventes de primeiro grao ou estean incapacitados para atender o seu coidado ou se trate de persoas conviventes.

– Por enfermidade grave do propio docente.

– Por ter concedida unha bolsa de estudos.

– Por ser vítima de violencia de xénero.

– Por ampliación de estudos. Enténdese que hai ampliación de estudos cando se rea-lizan estudos para obter un título de doutor, máster oficial ou grao, ou equivalente, ou de técnico superior. Cando sexa o caso, deberá efectuarse a matrícula de, polo menos, 30 créditos e acreditar a realización das correspondentes probas ao final do curso académico.

– Por calquera das circunstancias que permite ao persoal funcionario a concesión dos servizos especiais.

– Por ter un contrato de traballo de carácter temporal ou prestar servizos, tamén con carácter temporal, noutro posto do sector público, sempre que non se esgotaran os tres cursos académicos recollidos no acordo.

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 981 544486
Mestres: 981 545495, 981 545487, 981 957825,981 957795

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es