Comisións de servizo por concilia e por saúde - PRAZO de solicitudes en SUSPENSO


08 Mai, 2020

WEB - SUSPENDIDO O PRAZO de presentación de solicitudes para as comisións de servizos para conciliación da vida familiar e laboral e as comisións de servizo por razóns de saúde

Nota informativa da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o prazo de presentación de solicitudes para as comisións de servizos para conciliación da vida familiar e laboral (código procedemento ED010A) e as comisións de servizo por razóns de saúde (código procedemento ED010B).

En base ao establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 suspéndese o prazo para a presentación de solicitudes dos procedementos ED010A e ED010B. O cómputo dos ditos prazos iniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste e anunciarase na páxina web www.edu.xunta.gal