En Ensinos de Réxime Xeral (educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de formación profesional) e Ensinos de Réxime Especial (ensinos artísticos, ensinos de idiomas e ensinos deportivos)
A suspensión das clases presenciais provocada pola pandemia de coronavirus esixiu unha reformulación das tarefas de ensino, de aprendizaxe e de traballo do alumnado. Esta situación pode prolongarse mentres as condicións sanitarias así o aconsellen.
Nestas circunstancias, o Consello Escolar do Estado, en cumprimento das atribuciones que ten conferidas, formula ao Ministerio de Educación e Formación Profesional e ás administracións educativas das comunidades autónomas as propostas de actuación que se detallan a continuación e que teñen por obxecto contribuír, desde a perspectiva da comunidade educativa, ao mellor aproveitamento educativo por parte do alumnado, á eficacia do traballo do profesorado, á avaliación xusta e equitativa das aprendizaxes neste último trimestre e na avaliación final do curso, así como a potenciar a participación positiva e inexcusable das familias nestas circunstancias extraordinarias.
Estas suxestións agrúpanse tendo en consideración que poden darse dous escenarios diferentes:
Primeiro, que as clases presenciais poidan renovarse nalgún momento antes do final de curso.
Segundo, que a evolución da pandemia do coronavirus aconselle que as clases presenciais queden suspendidas ata o inicio do seguinte curso. Tamén pareceu oportuno distinguir entre as eta- pas, os ensinos e as opcións educativas.
() O Consello Escolar do Estado entende que non se deben prolongar clases ou avaliacións no mes de xullo. Hai que ter en consideración que o profesorado, o alumnado e as familias están facendo un esforzo para seguir o curso coa formación non presencial; agora non están de vacacións e a carga psicolóxica que tiveron que soportar tamén esixe un tempo normal de descanso. Habería que ter en conta, ademais, os inconvintes que podería supoñer esta medida para a programación das vacacións e a conciliación familiar.
() é imprescindible garantir en todos os centros do sistema educativo español, sen distinción, o mantemento de todos os docentes, persoal complementario e de apoio, persoal de administración e servizos, así como os sistemas de provisión de substitucións, pois nestas circunstancias son necesarios. As ausencias de profesorado, por situacións de incapacidade temporal non pode limitar a atención educativa a aqueles alumnos e alumnas que non dispoñan dun titor de referencia, polo que os chamamentos do persoal substituto deben seguir funcionando naqueles casos nos que as direccións dos centros determinen.
O Consello Escolar do Estado finaliza o documento arriba enlazado pero solicitando encarecidamente a todas as autoridades, ás administracións públicas e aos medios de comunicación que promovan o recoñecemento público do esforzo dos educadores, das familias e de todos os alumnos e alumnas escolarizados en todos os centros do sistema educativo español (públicos, concertados e privados sen concertar) por manter en pé o proceso educativo nunhas condicións tan inesperadas e adversas como as que estamos vivindo.