Nos próximos días publicaranse máis videotitoriais: dous sobre as Aulas Virtuais e outro sobre a ferramenta de portfolio AgueiroWEB - Dispoñibles o primeiro conxunto de videotitoriais para docentes: uso das videoconferencias, primeiros pasos coas aulas virtuais e como enviar mensaxes ás familias dende espazoAbalar
Publicación dos primeiros cinco videotitoriais onde se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar tres servizos dixitais:
- un sobre o uso das videoconferencias Webex
- un sobre o o uso da mensaxería na comunicación cas familias por parte do profesorado a través de espazoAbalar
- tres sobre os primeiros pasos de uso das Aulas Virtuais dos centros educativos (crear cursos, crear etiquetas e engadir ficheiros, e crear tarefas para o alumnado).
Os videotitoriais están dispoñibles na canle Youtube de espazoAbalar e no Espazo de servizos dixitais educativos dentro das seccións Servizo de videoconferencia, Aulas Virtuais e Servizo de comunicación espazoAbalar.
Para calquera dúbida sobre a procedemento de solicitude, ou de uso, pódese contactar coa Unidade de Atención a Centros
Enviando un correo electrónico ao enderezo: uac@edu.xunta.gal
Chamando ao teléfono: 881 99 77 01
Mediante o formulario de contacto: http://www.edu.xunta.gal/portal/uac
Ou contactando co asesor Abalar de zona.
Nos próximos días publicaranse máis videotitoriais: dous sobre as Aulas Virtuais e outro sobre a ferramenta de portfolio Agueiro