Esta avaliación realizarase exclusivamente para o alumnado que queira acceder a estudos universitarios oficiais de grao.
A proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes denominadas, respectivamente, parte obrigatoria e parte voluntaria.
Anualmente realizaranse dúas convocatorias da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU), unha ordinaria e outra extraordinaria.
O alumnado poderá presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación obtida en calquera das probas. Tomarase en consideración a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta sexa superior á anterior.