Listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de MESTRES


05 Feb, 2020

WEBResolución do 5 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas definitivas e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2019-2020 correspondentes correspondentes ás especialidades do corpo de mestres.

Resolución do 5 de febreiro de 2020 (mestres)

Contra esta resolución, que lle pon fin a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional https://www.edu.xunta.gal, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente un recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses a contar dende a mesma data, ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Relación definitiva persoas excluídas (mestres)

ENLACE ás Listas