WEB - Convocadas prazas destinadas ao profesorado de centros docentes públicos para a realización dun curso de especialización en educación emocional.
Resolución do 31 de xaneiro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado de centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para a realización dun curso de especialización en educación emocional.
O prazo para presentar as solicitudes é de 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocaroria, isto é, do 3 ao 7 de febreiro de 2020.
As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e presentaranse por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a https://sede.xunta.gal.
15 prazas no Curso de especialización en educación emocional impartido pola Universidade de Santiago de Compostela, que se encadra dentro da oferta de cursos de posgrao propios desta universidade para o profesorado que a consellería determine.
A información relativa ás características do Curso de especialización en educación emocional pode consultarse na ligazón https://educacionemocional-usc.com
Modalidade: cursos presenciais e mixtos.
As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A). Á solicitude adxuntaranse os anexos I e II.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365: (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).