OPOSICIÓNS 2019 - Recursos de alzada estimados


19 Dec, 2019

DOG ORDE do 10 de decembro de 2019 pola que se modifica a Orde do 31 de xullo de 2019 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Despois de estimados os recursos de alzada que formularon Luis Ignacio Blanco Picos, María Josefa García Fernández, María Dolores Melendreras Reguero, María Luisa Quintairos Fernández, Blanca María Riestra Rodríguez-Losada, María Socorro Rodríguez Méndez, Natalia Salgado da Silva, Alberto Varela Pardo e Miguel Valls Martínez respecto da puntuación da fase de concurso en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional supón a modificación do número de orde da lista de persoas que superaron o concurso-oposición nestas especialidades, que figuraban no anexo da Orde do 31 de xullo de 2019 (DOG do 23 de agosto).

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.