Eleccións sindicais 2018

Vota ANPE

 


É imprescindible o teu voto. Vota ANPE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O inicio do proceso electoral fíxase para o día 03/10/2018, sendo a data prevista para a votación o 04/12/2018. (ENLACE á información xeral do procedemento)

Que fai ANPE?

ANPE traballa para solucionar os problemas e dar respaldo a cada profesor individualmente, e para conseguir melloras nas condicións laborais e profesionais de todo o colectivo docente, tentando recuperar as condicións laborais perdidas nos últimos anos e melloralas por medio da reivindicación, a negociación, a mobilización, a xudicialización e a posta en marcha de campañas e estratexias.

ANPE posibilita e canaliza a participación dos docentes nos seus ámbitos de representación, e faino como sindicato exclusivamente de profesores do Ensino Público. ANPE está especializado no ámbito educativo e, por iso non ten conflitos de intereses con outros sectores.

ANPE presta servizos efectivos: información profesional actualizada a diario, asesoramento ante situacións profesionais e administrativas, acompañamento nas situacións de conflito a través do Defensor do Profesor, atención xurídica, convenios con diversas entidades, e actividades de formación e de lecer.

ANPE traslada á opinión pública a realidade da docencia, a través das súas publicacións propias e da súa aparición nos medios de comunicación e redes sociais, achegando puntos de vista profesionais aos debates sobre educación e expresando en toda ocasión a necesidade de valoración social que precisa a tarefa docente.

ANPE esfórzase por crear correntes de opinión a favor da tarefa docente, a mellora da convivencia nas aulas ou a necesidade dun cambio de modelo e estrutura no sistema educativo.

CANDIDATURA DE A CORUÑA

CANDIDATURA DE LUGO

CANDIDATURA DE OURENSE

CANDIDATURA DE PONTEVEDRA

Programa Electoral 

Fai clic na seguinte imaxe para ver o tríptico resumido

Vota ANPE



Afiliate Eleccións sindicais 2018 O defensor do profesor Formación Concurso de traslados Oposicións CCAA Oferta de emprego público Bolsa de traballo Interésate