1. LIBROS DE TEXTO

DOG 20/05/2019 - ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

DOG 30/05/2013 - ORDE do 29 de maio de 2013 pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares.

DOG 31/05/2011 - ORDE do 18 de maio de 2011 pola que se convoca e regula o programa de reposición de libros de texto e materiais curriculares que non cambian de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio para o plurilingüismo.

DOG 31/05/2011 - ORDE do 16 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo. 

 

2. INFORMACIÓN XERAL relativa ao ALUMNADO

2.1 Admisión de alumnado

Do 11 ao 18 de maio, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional reabre o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para aquelas familias interesadas que non puideron presentala durante o período ordinario (do 1 ao 20 de marzo pasado), ao verse suspendido o prazo pola declaración do estado de alarma o 14 de marzo.    Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

As listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído publicaranse  ata o 9 de xuño e as definitivas ata o 26 de xuño. O prazo ordinario de formalización de matrícula para todas as ensinanzas irá do 1 ao 10 de xullo e o extraordinario, para Secundaria e Bacharelato, do 1 ao 10 de setembro.

As solicitudes de admisión poderán presentarse, preferentemente, de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou presencialmente nos centros educativos.

 



Coronavirus Afiliate Eleccións sindicais 2018 O defensor do profesor Formacion Concursos de traslados Oposiciones Oferta de empleo público: Convocatoria oposiciones 2020 Bolsa de traballo Interésache